Noticias / 2015

Proxecto de interiorismo para floraría de 9 metros cadrados


 


Fai uns meses rematamos este proxecto para Floraría Pepita en Santiago de Compostela en rúa dás Ameas. O reto non era doado xa que contabamos con tan só 9 metros cadrados e unhas características marcadas pola propia situación na que se enmarca, AS ANTIGAS CASETAS da praza de abastos.

Foi un proxecto no que gozamos moito reconvertendo e transformado obxectos e usos. Unha peza de aluminio do cliente reconvertémola na mesa de traballo colocándoo unhas rodas, pintándoa e colocando un taboleiro para introducila como mesa de atención ao público. A altura nun dos puntos do soar, permitiunos dar maior cota a certas pezas para suplir a falta de metros cadrados cun sistema de cubos zincados que fomos colgando nunha traseira de madeira. Á iluminación, especial para florarías, démoslle un certa personalidade coas lámpadas de led descolgando do teito, creando o reclamo visual nunha zona concreta.

A madeira utilizada para recubrir as paredes é de freixo con verniz hidrófugo mate. Un material económico e sen apenas procesado axúdanos a dotar á tenda de elementos diferenciadores que á vez poden servir para usos auxiliares neste tipo de negocios.


A zona de lavadoiro pensouse con billa industrial para ter servizo cómodo para a enchedura de caldeiros de auga, o azulexo biselado retro branco axustábase á sensación que queriamos dar de sinxeleza. O espello biselado, realizado á medida, xoga un papel decorativo e cumpre, ademáis,  cunha función espacial, a idea é xerar maior sensación de amplitude e luminosidade.

Outro elemento reutilizado foron os caixóns propiedade do cliente. A través da cor recuperáronse e integrámolos no proxecto.

Para o pavimento utilizouse unha porcelana de Vives- Wilder sombra 20 x 20, a única superficie onde podiamos introducir unha licenza decorativa que conferise carácter ao local pero sen quitar protagonismo ás flores, as verdadeiras raíñas do proxecto.

A idea dende o principio foi que a floraría fose moi visible dende o exterior, pois as súas reducidas dimensións non permitían xerar espazos para a atención ao cliente. Para iso forzouse un único ambiente onde conviven as zonas de atención ao cliente e de traballo.



Compartir: